Cabaret Climático

Cabaré Climático

Ambientada no ano 2075, a obra propón, en clave de humor, unha crítica social sobre a INTELIXENCIA ARTIFICAL e o CAMBIO CLIMÁTICO e os seus efectos absurdos nas persoas a través dunha serie de sketches acompañados de cancións adaptadas á historia. O humor, a sátira e a música poñen en evidencia como o individualismo extremo e a desconexión social contribúen á incapacidade da humanidade para afrontar a crise climática.

O primeiro sketch presenta unha parodia da telenovela latina tradicional, onde os personaxes, esaxeradamente dramáticos, só se aman a si mesmos. As discusións desenvólvense a través de cancións que reforzan o ego e evidencian a falta de empatía colectiva.

No segundo sketch móstrase cómo a obsesión polas redes sociais,levaron ás persoas a ser incapaces de amar ou escoitar ao outro. Este illamento emocional acada o seu punto máis absurdo cando algúns personaxes deciden casar consigo mesmos, simbolizando o individualismo levado ao extremo.

En medio do caos, aparecen situacións surrealistas como un meteorólogo que canta o parte do tempo ou a irrupción de supostos novos salvadores do mundo que aseguran ser o Novo Xesús e a nova Virxe María.

Estas escenas xeran momentos cómicos e reflexivos que cuestionan a espera de solucións milagrosas fronte a un problema provocado pola propia humanidade: o cambio climático.

  A obra convida ao público a reflexionar sobre a urxencia de recuperar a conciencia social, a empatía e o compromiso co planeta, concluíndo cunha mensaxe de esperanza: aínda é posible frear esta situación se todos achegamos o noso pequeno gran de area. 

Luis Iglesia: actor e cantante

Paty Lesta: actriz e cantante

Cristian Leggiero: Música en directo de piano e efectos sonoros

Adaptación de textos: Luis Iglesia:

Son e luces: Javier Adán Ayude

 XÉNERO: Comedia Musical

DURACIÓN: 70 min.

PUBLICO: adulto

ESPAZO ESCENICO MINIMO: 8 de ancho X 6 de fondo

VIDEOS DE ACTUACIONES

HABLAN DE NA CERNA DO SON

Opiniones

Espectáculo impresionante, muy emotivo, de calidad !!! Gracias por todo

Patricia Vázquez
Concejala de Cultura de Bergondo

Encantoume o que vin do voso proxecto de Na Cerna do Son 😊 moi fermoso, íntimo e persoal.

David Saborido
Concejal de cultura de Cambre

O espectáculo foi un éxito pola calidade e profesionalidade dos integrantes do grupo cada un na súa disciplina conseguindo unha obra elegante,excelente, conmovedora, reflexiva...

Isolina Diaz
Animadora cultural Concello de Mañon

Parabéns polo espectáculo, é unha delicia velo.

Marcos Pampin
Técnico cultura Concello de Arzúa

O espectáculo acadou un grande éxito entre o púbico pola calidade dos integrantes do grupo, conseguindo unha obra elegante, excelente, conmovedora e reflexiva

Alma Barron
Concelleira de Cultura de Ares
Nuestros grupos

Te pueden interesar...

Dúo Cristian Leggiero & Paty Lesta

Acústico:Pop, Soul, Jazz, Música Gallega

Paty Lesta & The Hits

Versiones Pop/Rock Internacional y Nacional

Cristian Leggiero Piano

Bandas Sonoras, Clásico, Pop Internacional y Nacional

DixieKings

Dixieland