Música Galega
MÚSICA GALEGA
Cristian Leggiero & Paty Lesta quixeron render homenaxe e facer divulgación da nosa lingua a través da música do noso país en clave de Jazz.
Alalás, cancións de labor ou un poema musicado de Carvalho Calero entre outros, atópanse dentro do seu repertorio.
Clásicos da música tradicional galega, cuns arranxos musicais máis modernos levándoos ó estilo da música jazz, como por exemplo os poemas “Negra Sombra” de Rosalía de Castro ou musicando un poema de Carvalho Calero, “Beleza de Mulher”.
Entre o seu repertorio atopamos ademáis o Alalás das Mariñas o canto de labor Rapaza se vas a arare, ou os cantos tradicionais como Bailador e Os Teus Ollos entre outros.
A través da música e da palabra introducindo cada canción coa súa historia e explicación de por qué se facían ou qué explicación teñen como nos cantos de labor ou os alalás entre outros, a información necesaria para entender a importancia da nosa lingua como elemento dinamizador dunha cultura integrada no ámbito musical.
Te pueden interesar...
Funcional Siempre activo
Preferencias
Estadísticas
Marketing
¿En qué podemos ayudarte?