Cabaré Climático

Cabaré Climático

Ambientada no ano 2075, a obra propón, en clave de humor, unha crítica social sobre a INTELIXENCIA ARTIFICAL e o CAMBIO CLIMÁTICO e os seus efectos absurdos nas persoas a través dunha serie de sketches acompañados de cancións adaptadas á historia. O humor, a sátira e a música poñen en evidencia como o individualismo extremo e a desconexión social contribúen á incapacidade da humanidade para afrontar a crise climática.

O primeiro sketch presenta unha parodia da telenovela latina tradicional, onde os personaxes, esaxeradamente dramáticos, só se aman a si mesmos. As discusións desenvólvense a través de cancións que reforzan o ego e evidencian a falta de empatía colectiva.

No segundo sketch móstrase cómo a obsesión polas redes sociais,levaron ás persoas a ser incapaces de amar ou escoitar ao outro. Este illamento emocional acada o seu punto máis absurdo cando algúns personaxes deciden casar consigo mesmos, simbolizando o individualismo levado ao extremo.

En medio do caos, aparecen situacións surrealistas como un meteorólogo que canta o parte do tempo ou a irrupción de supostos novos salvadores do mundo que aseguran ser o Novo Xesús e a nova Virxe María.

Estas escenas xeran momentos cómicos e reflexivos que cuestionan a espera de solucións milagrosas fronte a un problema provocado pola propia humanidade: o cambio climático.

  A obra convida ao público a reflexionar sobre a urxencia de recuperar a conciencia social, a empatía e o compromiso co planeta, concluíndo cunha mensaxe de esperanza: aínda é posible frear esta situación se todos achegamos o noso pequeno gran de area. 

Luis Iglesia: actor e cantante

Paty Lesta: actriz e cantante

Cristian Leggiero: Música en directo de piano e efectos sonoros

Adaptación de textos: Luis Iglesia:

Son e luces: Javier Adán Ayude

 XÉNERO: Comedia Musical

DURACIÓN: 70 min.

PUBLICO: adulto

ESPAZO ESCENICO MINIMO: 8 de ancho X 6 de fondo

VIDEOS DE ACTUACIONES

HABLAN DE CABARÉ CLIMÁTICO

Opiniones

Nos hemos reído mucho. Nos ha encantado.

Patricia Vázquez
Concejala de Cultura de Bergondo

A obra de teatro acadou moito éxito , encheron o teatro e foi unha das obras máis valoradas da Mostra de Teatro

Unai González
Técnico de Cultura de Riveira

Encantoume como enlazan as cancións co texto e tanto Luis Iglesia como Paty Lesta fan un bo tandem cómico no escenario xunto a Cristian coa música en directo

Mar
Concello de Abegondo

Todo o público saliu encantado e cun sorriso

Alicia Martínez
Concelleira de Cultura de Porto do Son

Gustounos moito, rimos moito e ademáis do tema que se trata da IA e tamén do cambio climático

Celsa Oreiro
Concelleira de Cultura de Val do dubra

A xente saliu encantada

Fran Rivera
Técnico de Cultura de Ortigueira
Nuestros grupos

Te pueden interesar...

Dúo Cristian Leggiero & Paty Lesta

Acústico:Pop, Soul, Jazz, Música Gallega

Paty Lesta & The Hits

Versiones Pop/Rock Internacional y Nacional

Cristian Leggiero Piano

Bandas Sonoras, Clásico, Pop Internacional y Nacional

DixieKings

Dixieland