Os Rizos de Lía, un dos espectáculos infantís en Galicia máis emocionantes,

Se buscas espectáculos infantís en Galicia que combinen música, narración oral e valores educativos, tes que coñecer “Os Rizos de Lía”, a nova proposta de Gallaecia Eventos. Un show en galego pensado para emocionar, educar e facer cantar á cativada… e tamén ás persoas adultas!

Unha historia que emociona… e fai cantar!

“Os Rizos de Lía” é un contacontos musical en galego dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. Mergullárémonos na historia de Lía, unha nena valente que emprende unha viaxe chea de aventuras, descubrimentos e emocións. A través da súa historia, o público comprende que a verdadeira riqueza non está nas cousas materiais, senón no amor, na amizade e na confianza en si mesma.

Un espectáculo que toca o corazón, fai reflexionar… e invita a bailar!

Música orixinal e valores fundamentais

Este espectáculo non é só entretemento: tamén é unha ferramenta educativa. A través da historia de Lía, transmítense valores como:

  • A autoestima e o empoderamento persoal
  • A importancia da amizade e da familia
  • O respecto pola identidade propia
  • A xestión das emocións

Todo isto contado coa tenrura e profesionalidade da aventureira Tulis( Paty Lesta) cantante e contadora de historias divertidas que ademáis sempre terán unha mensaxe para que poidamos pensar . 

A música é moi importante neste conto  e por iso Cristian Leggiero escribiu  7 cancións orixinais, que abarcan estilos musicais  como a cumbia, folk alpino, latino, rock ou mexicana.

Cada canción encaixa perfectamente coa historia que se está a contar.

Un espectáculo infantil versátil, para todo tipo de espazos

“Os Rizos de Lía” está pensado para representar en múltiples formatos e espazos:

  • Auditorios e teatros
  • Bibliotecas e centros culturais
  • Eventos ao aire libre e a pé de rúa
  • Festas patronais e programación de Nadal
  • Campamentos, escolas e actividades didácticas

Adaptámonos ás necesidades de cada concello, entidade ou espazo escénico. A nosa prioridade é levar a maxia de espectáculos infantís en Galicia a todos os recunchos da comunidade.

Non perdas o estreo! As primeiras datas de “Os Rizos de Lía”

Os Rizos de Lía, un dos espectáculos infantís en Galicia máis emocionantes,

Marca estas datas no calendario, porque a viaxe de Lía comeza este verán:

📅 Martes 5 de agosto – 20:30 h
📍 Concello de Mugardos
🎉 Estreo oficial de “Os Rizos de Lía”

📅 Martes 19 de agosto – 12:00 h
📍 Campamento – Concello de Bergondo
🎈 Segunda función do espectáculo

📍 Fisterra
📍 Porto do Son
📍 Cambre
📍 Neda
📍 Corcubión
📍 Ribeira
📍 Vilarmaior

Nestes concellos tamén poderás desfrutar moi pronto deste contacontos musical cheo de emocións, música e aprendizaxe en familia. Estade atentos/as ás datas e horarios a través das redes sociais de Gallaecia Eventos ou contactando connosco directamente.

Trae a Lía ao teu concello ou espazo cultural

En Gallaecia Eventos, especializámonos en espectáculos infantís en Galicia que combinan calidade artística, entretemento e valor pedagóxico. “Os Rizos de Lía” é unha proposta en galego que xa está preparada para formar parte da túa programación.

Contacta connosco e fai posible que a maxia chegue ao teu público infantil. Porque ver as crianzas rir, cantar e soñar… non ten prezo.