Música tradicional galega

O Día das Letras Galegas é unha data clave para poñer en valor a nosa cultura e lingua. Se o teu Concello busca unha proposta única e de calidade, en Gallaecia Eventos ofrecemos espectáculos de música tradicional galega que combinan a esencia das nosas raíces coa frescura de novos estilos como o jazz, o flamenco e a música latina. Unha maneira diferente de achegar a nosa tradición a todas as xeracións e de garantir un evento inesquecible.

👉 Consulta aquí unha das nosas últimas actuacións en Cee ou descobre máis sobre Na Cerna do Son

🎵 A nosa música tradicional galega como nunca antes a escoitaches

A nosa lingua en clave de Jazz

A tradición e a innovación danse a man neste espectáculo onde revisamos temas emblemáticos como Negra Sombra ou Alalás das Mariñas, reinterpretados con arranxos de jazz. Ademais da música, cada tema introdúcese cunha pequena explicación sobre o seu contexto histórico e cultural, reforzando a importancia da nosa lingua e da nosa identidade.

Na cerna do son: un espectáculo multiARTErial

Unha proposta que vai máis alá da música e incorpora danza, poesía e instrumentos en directo como o piano de cola e o caixón flamenco. Unha viaxe sonora que percorre Galicia e Latinoamérica, fusionando ritmos tradicionais galegos con jazz, funky, baladas e sons latinos. Un espectáculo pensado para emocionar e sorprender ao público de todas as idades.

🎤 Por que contratar a nosa música tradicional galega para o Día das Letras Galegas?

Música en directo de alta calidade, adaptada a calquera evento.  

✔ Fusión de estilos que atrae a públicos diversos.  

✔ Experiencia contrastada en eventos municipais.  

✔ Artistas profesionais con recoñecida traxectoria.  

❓ Preguntas frecuentes (FAQ)

📌 En que tipo de eventos podo contratar a Gallaecia Eventos?  
En todos aqueles que necesiten música en directo: congresos, eventos corporativos, festas privadas, concertos, ceas de empresa, comidas, cocktails… Adaptamos cada actuación ao formato do teu evento.

📌 Tedes un listado de prezos para poder velos?  
Os prezos varían segundo a data, a duración e os requerimentos técnicos do evento. Contacta connosco e facilitaremos un orzamento personalizado.

📌 Teño que encargarme de algo para o día do evento?
Non te preocupes por nada. En Gallaecia Eventos encargámonos de todo. Se necesitamos algunha información adicional, comunicarémoscho sen problema.

📌 Escoitarase ben a música no evento?
Totalmente. Analizamos cada espazo para ofrecer a mellor acústica posible e garantir unha experiencia sonora de calidade.

📩 Contacta connosco e reserva a mellor música en directo para o Día das Letras Galegas!

Abrir chat
¿Necesitas ayuda?
Hola!
¿En qué podemos ayudarte?