Na Cerna do Son, entra a formar parte do programa  FalaRedes 2026 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e Galicia.

A nosa proposta multidisciplinar de música en directo de piano e caixón, danza e poesía, incorpórase á programación de FalaRedes , impulsada pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

É unha gran satisfacción anunciar que Na Cerna do Son, a nosa proposta artística que fusiona música en directo, danza, poesía e narración, foi seleccionada para formar parte da programación de FalaRedes 2026, o programa de dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

Esta incorporación supón un importante recoñecemento ao valor artístico e cultural dun espectáculo que, a través de diferentes disciplinas escénicas, pon en valor a lingua galega e rende homenaxe á emigración galega do pasado século.

Na Cerna do Son propón unha viaxe emocional pola nosa memoria colectiva, recuperando historias, sentimentos e raíces a través da palabra, a música e o movemento. Unha experiencia escénica na que a tradición e a expresión artística contemporánea, atópande para achegar a nosa cultura ó público.

A proposta conta cun destacado equipo artístico: Luís Iglesia, na narración; Paty Lesta, na voz; Ricardo Fernández, na danza; Cristian Leggiero, ao piano; e Moisés Fernández, ao caixón, Javier Adán Ayude ás luces e son, baixo a dirección artística de Iván Villar

A programación de FalaRedes 2026 inclúe as seguintes representacións:

  • 8 de novembro: Teatro Pastor Díaz de Viveiro (Lugo).

  • 4 de decembro: Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras (Ourense).

  • 22 de decembro: Auditorio Fuxan os Ventos da cidade de Lugo.

Formar parte de FalaRedes significa sumarnos a unha iniciativa que traballa por achegar a lingua galega a novos públicos e fortalecer a súa presenza nos espazos culturais e de lecer. Un compromiso que compartimos desde Gallaecia Eventos: crear espectáculos que emocionen, transmitan e contribúan a manter viva a nosa identidade cultural.

Seguimos creando cultura en galego, levando a nosa música, as nosas historias e as nosas raíces aos escenarios de Galicia.


FalaRedes: unha aposta pola dinamización da lingua galega

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou “o papel esencial na transmisión do galego no ámbito do lecer familiar” de FalaRedes, que vén de reforzarse no marco da posta en marcha das iniciativas do Plan xeral de normalización da lingua galega, que a Xunta desenvolve tras a súa aprobación no Parlamento pola ampla maioría dos grupos.

Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude apuntou que se trata dunha das medidas “coas que poñemos o foco na infancia e na familia” e que supón, tal e como detallou, “unha importante ferramenta de dinamización da lingua, especialmente entre a cativada, sobre todo en contextos periurbanos”.

Pola súa banda, Valentín García definiu o espectáculo multiartístico Na Cerna do Son como un “recurso que prestixia a lingua a través da danza, o canto, a narración e a poesía en directo”, ao tempo que “rende unha homenaxe á emigración galega do pasado século”.