O pasado día 15 de febreiro, alumnado de Música de 2º e 3º de ESO acompañado polos profesores Alfredo Garrido, Nuria vazquéz e Xoana Alonso asistiron a un concerto didáctico celebrado no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
«Gallaecia-Gallaeciños» é un proxecto musical – teatral educativo que pretende ensinar, dun xeito moi divertido e entretido, a HISTORIA DO JAZZ, narrando como nace cada estilo do mesmo. Explicando os diferentes estilos musicais, instrumentos, ritmos e épocas do Jazz dun xeito cronolóxico: Gospel, Blues, Ragtime, Dixieland, Swing, Bebop, Cool Jazz, Funky, Soul…

O alumnado gozou moito e tivo a oportunidade de participar e escoitar as diferentes intervencións musicais e explicacións sobre o contexto histórico, os instrumentos, así como comprender a principal fonte da que bebe a música no Jazz «A improvisación», tanto vocal coma instrumental.

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Abrir chat
¿Necesitas ayuda?
Hola!
¿En qué podemos ayudarte?