Teatro Colón A Coruña, chega o musical «¡Mellor, Mellor!»

Gallaecia Eventos en colaboración con Gallaecia All Stars presenta o musical de Galicia, «Mellor, Mellor!» o próximo sábado 18 de Novembro  ás 2o horas no Teatro Colón A Coruña.

teatro-colon-a-coruna

Un espectáculo cunha coidada posta en escena pensado para todo tipo de público. Durante dúas horas ininterrompidas de música de calidade, mesturada cunha historia de moito humor, a nosa Gallaecia Big Band fai unha viaxe ós tempos das grandes Big Bands dunha forma amena e con escenas de humor que diferencian este espectáculo de outras formacións musicais.

Gallaecia Big Band está formada por grandes músicos da escena musical galega xunto a dous cantantes da elite e un gran artista invitado, escenificando e recordando os tempos das grandes Big Bands do presente e do pasado.

A Big Band de Glen Miller, a gran orquestra de Count Basie, a Big Band de Duke Ellington, a Big Band de Michael Bublé entre outras, estarán presentes o 18 de Novembro no Teatro Colón A Coruña. 

Mellor, Mellor! – Gallaecia All Stars

Mellor, Mellor! será un espectáculo musical e teatral que recordará o sonido e as cancións tan características de aquelas grandes Big Bands.

Nunha Galicia invadida polas orquestras modernas, o cantante Sergio Zearreta, con moitas ambicións e pouco coñecemento de causa, decide ser cantante da Gallaecia Big Band, unha elegante e clásica formación que reflicte toda a esencia das grandes Big Bands, as que facían bailar o público cun repertorio clásico e moi variado.

Para conseguir o seu obxectivo, o noso desaventurado cantante Sergio Zearreta, terá que lidar con seu director, o pianista italiano Cristian Leggiero, a marabillosa Paty Lesta cantante da Big Band e o cantante convidado estrela, Luís Iglesia. 

Gallaecia Big Band nace na Televisión de Galicia no programa Heicho Cantar Queridiña e despóis Heicho Cantar. Dirixida polo pianista e arreglista italiano Cristian Leggiero, componse por unha sesión de vento-metal de nove músicos e unha sesión ritmo de catro músicos.

Nos saxos temos ós fenómenos de Pablo Castaño, Toño Otero e Martiño Mato.

3 trombóns de calidade con Luis Miranda, Diego Rodríguez e Pedro Torres.

Trompetas do máximo nivel con Hansel Luís, Wilson Ortega e Adrián Laxe.

Contrabaixo e baixo eléctrico con Pachi Cruz. Á Batería Sergio González e na percusión Ildemaro Díaz.

13 estrelas que brillan con outras tres grandes figuras da escena musical actual. O cantante e actor Luís Iglesia, o cantante e actor Sergio Zearreta e a cantante Paty Lesta.

Estivemos con Piñeiro na súa sesión vermú na Radio Galega, promocionando o evento. Podes votarlle un ollo, si che apetece.

 ¡¡¡Música, teatralidad e moitísima diversión, farán que a festa sea inesquesible!!!

Recorda, sábado 18 de Novembro ás 20 horas no Teatro Colón A Coruña. Ven a gozar con nós. E ademáis, entrada gratuita.

 

 

 

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Abrir chat
¿Necesitas ayuda?
Hola!
¿En qué podemos ayudarte?